100 novas troitas repoboan a fauna do Lago Castiñeiras en Marín

Compartir

Os exemplares proceden do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre e son parte da fauna autóctona do lago.

O Lago Castiñeiras é un dos espazos naturais máis ricos da nosa contorna e aproveitalo e coidalo é unha das prioridades do Goberno local. O concelleiro Pablo Novas acompañou recentemente aos técnicos do Centro de Recuperación de
Fauna Silvestre de Cerdedo-Cotobade, que botaron ao lago 100 exemplares de troitas, de tipo salmo trutta.

 

Estes exemplares foron criados na piscifactoría do centro e forman parte da fauna autóctona do lago. Teñen máis de 2 anos de vida e un tamaño de entre 16 e 22 centímetros.