14 febrero, 2025
Máis de 120 persoas voluntarias participaron esta mañá nun gran operativo de limpeza de lixo mariño organizado por Afundación, a Obra Social de ABANCA, en diferentes areais da Illa de Arousa co obxectivo de retirar dos seus fondos obxectos voluminosos. Nos traballos localizaron máis de 20 pneumáticos extraviados que se empregan como defensa das embarcacións pesqueiras nas súas operacións de atraque, así como grandes marañas de redes, cordas e cabos de bateas arrastradas ata a costa polos temporais do inverno.
Segundo os datos obtidos trala pesada final coa que concluíu a actividade no porto de Xufre, as voluntarias e voluntarios conseguiron retirar nas tres horas que durou a limpeza 10 toneladas e media de lixo mariño dos areais de Semuíña e Abilleira. Este tipo de actuacións resultan especialmente complexas debido ao peso dos pneumáticos que, unha vez extraviados, énchense de lodo e quedan soterrados nas praias.
Alerta