Compartir
Reunión asociacións artesanía. Fonte: Concello
Reunión mantida esta mañá entre as concelleiras Marián Sanmartín e Beatriz Rodríguez con representantes das asociacións de artesanía de Marín de cara a iniciar os detalles da organización da Feira de Artesanía que se colocará, coma todos os anos, na Alameda durante as festas do Nadal.
Desde o Concello, animaron aos artesáns a realizar as súas propostas de cara a mellorar en todo o que se poida esta feira, que é un importante atractivo durante as festas e que tamén axuda a estes artistas a visibilizar e poñer en valor o seu traballo.