28 entidades da provincia desenvolverán proxectos a favor da igualdade coa colaboración da Deputación

Compartir

A Deputación de Pontevedra dá un paso máis no eido da igualdade e a loita contra as violencias machistas coa aprobación pola Xunta de Goberno de subvencións a 28 entidades de iniciativa social da provincia. Son un total de 108.000 euros que lles foron concedidos para o desenvolvemento de proxectos encamiñados a fomentar a igualdade entre mulleres e homes e a loita contra a violencia machista.

Os recursos chegarán ao Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas e a Asociación Puntodelas-Secretaria das Mulleres de Lalín e á Asociación para o Desenvolvemento Social da Comarca do Deza, en Silleda. No concello de Vilagarcía serán a Asociación Galega de Traballadores Autónomos e do Mar, a Asociación Mariscadoras de Carril Amacarril e a Fundación Amigos de Galicia quen reciban estas achegas. Tamén chegarán á Asociación de Axuda a Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero de Vilanova de Arousa, á Asociación para a Promoción e Integración das Mulleres Galegas no Rural – AGRA de Cambados e á Rede Galega pola Igualdade de Cuntis. No concello de Pontevedra beneficiarase dos investimentos a Asociación Provincial Amas De Casa e Consumidores Rías Baixas, Cáritas Diocesana de Santiago, Asociación Española Contra o Cancro e Down Pontevedra Xuntos e en Cangas a Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama.

Ademais, as achegas tamén chegarán a entidades de Vigo: Asociación de Empresarias de Galicia, Asociación Mulleres e Palabras, Asociación Viguesa de Alcoholoxía ASVIDAL, Asociación Centro Cultural Artístico e Recreativo Valladares, Fundación Juan Soñador, Fundación Formavigo, Down Vigo, Fundación Cume para o Desenvolvemento de Culturas e Pobos, Fundación Impulsa para o Desenvolvemento do Emprego e a Integración Social, Asociación de Familiares de Enfermos De Alzheimer e outras Demencias de Galicia, Asociación Mulleres Pedra da Vella, Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, Asociación Diversidades e Instituto Galego Xestión para o Terceiro Sector.

A Deputación leva destinados no que vai de ano 370.000 euros a axudas para programas de igualdade. Ás subvencións aprobadas nesta última sesión da Xunta de Goberno súmanse aos 320.000 euros concedidos a todos os concellos de menos de 20.000 habitantes para accións deste tipo. Tamén se suman ás nominativas destinadas a entidades da provincia que desenvolven actividades particulares de defensa e igualdade da loita contra as violencias machistas e que ascenderon a 32.000 euros.