350 persoas participaron hoxe, a unha semana da etapa 20 de La Vuelta, no “Mos sobre rodas”

Compartir
Mos sobre rodas. Fonte: Concello

Herville foi esceario esta tarde dun evento deportivo previo á meta da principal competición ciclista nacional, que acollerá o vindeiro sábado, 4 de setembro

Nesta iniciativa para todos os públicos, que incluiu marcha MBT, circuito para vehículos sobre rodas sen motor e andaina, participaron varios centos de persoas de todas as idades, entre elas usuarios/as e monitores/as de DisCamino

 

Participaron entre outros, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde, Camilo Augusto, o concelleiro de Deportes, José Areal, o edil de Medio Ambiente Sostible e Mocidade, Leo Costas, o concelleiro da parroquia de Cela, Gonzalo Alonso, a deputada autonómica, Feli Rodríguez; e usuarios/as e monitores/as de DisCamino.

 

Mos sobre rodas. Foto: Concello

 

O Concello de Mos, en colaboración con La Vuelta 21, a Asociación Cultural e Social de Herville, e a Asociación Veciñal e Cultural Celado de Cela, organizou esta tarde unha nova iniciativa enmarcada dentro do programa municipal de actividades con motivo da etapa 20 Sanxenxo-Mos, (Castro de Herville), que terá lugar o vindeiro 4 de setembro.

 

Mos sobre rodas. Fonte: Concello

Nesta ocasión trátase dun evento dirixido a todos os amantes do deporte sobre rodas, que puideron participar, tanto individualmente como en familia, no encontro ‘Mos sobre rodas’ que se celebrou a partir das 17.30 horas da tarde no Castro de Herville. O evento estaba pensado para públicos de todas as idades, que participen cos seus vehículos sobre rodas sen motor, tales como monopatíns, patíns, patinetes, bicicletas, triciclos… todas as alternativas eran posibles para unha tarde de lecer, deporte, música e cultura ao aire libre.

 

Mos sobre rodas. Fonte: Concello

A actividade consistiu nun circuito pechado, para todo tipo de vehículos sen motor, marcha MBT para maiores de 12 anos, andaina, actuacións de Argonat Band, Grupo Infantil de Gaitas Nosa Terra de Pereiras, Banda de Gaitas de Herville, Grupo de Gaitas e Baile Celado; merenda popular a base de empanada, auga e refrescos; e un sorteo de agasallos de La Vuelta.