19 agosto, 2021
O alcalde, Carlos Gómez, como xa o fixo antes de comenzar o verán, reclama sanitarios para o concello. Nestes momentos dos sete médicos que forman parte do persoal do centro de saúde tan só hai tres médicos desempeñando a súa labor. Isto implica que teñen que facer xornadas con moita máis carga horaria traballando mañas e tardes. Debido a cantidade de visitantes que estamos a ter no concello, nesta época estival, a presión que se está levando a cabo sobre os traballadores “é brutal e inxusta”.
O alcalde reitera que “non é un problema de falta de profesionais cualificados, se non dun modelo implantado polo anterior conselleiro de sanidade e que o actual mantén”. Engade ademias que “neste Sistema prima a redución de custes sobre a saúde dos pacientes, deixando á atención primaria totalmente desvalida, sendo os máis afectados os veciños e veciñas de Baiona”.
E sinalan dende a alcaldía que “o Servizo Galego de Saúde non pode permitir que ano tras ano isto siga ocorrendo”.
Alerta