30 agosto, 2021
Logo da Ruta dos Fortes celebrada onte, realizarase o sábado 4 de setembro unha nocturna: Do Cervo ao Niño do Corvo; seguida doutros catro percorridos por territorios transfronteirizos de valor patrimonial
A Eurocidade Cerveira-Tomiño, continúa desenvolvendo con éxito de participación os Roteiros do Miño 2021, un dos proxectos gañadores do último Orzamento Participativo Transfronteirizo. O xoves 29 de agosto ás 9.30 horas, arrancaba cunhas 30 persoas, a 3ª saída programada: a Andaina dos Fortes da Guerra da Restauração.
Visitáronse varias construcións fortificadas e outras xa desaparecidas acompañados por expertos que lles axudaron a “revivir” unha parte moi importante da historia da raia do Baixo Miño; percorridos que teñen como obxectivo dar a coñecer territorios transfronteirizos valiosos a nivel paisaxístico, cultural, patrimonial, ambiental e natural.
Quedan pendentes aínda cinco rutas de grande interese: Ruta nocturna do Cervo ao Niño do Corvo, (4 de setembro. 23.30h. PT); Ruta do Vale das Donas, (12 de setembro. 9h. PT); Ruta da Pedra Furada, (26 de setembro. 9.30h GAL); Ruta do Alto da Pena, (10 de outubro. 9h. PT) e Ruta das Fontes, (23 de outubro. 9.30h. GAL).
Para poder participar en calquera destas rutas, é preciso reservar praza enviando un correo electrónico a: roteirosminho@gmail.com con estes datos: nome, data de nacemento, teléfono de contacto e correo electrónico.
Alerta