8 septiembre, 2021
Os traballos habituais que a Fundación Municipal de Deportes leva a cabo cada ano no campo da Lomba con motivo no inicio das competicións deportivas complementáronse nesta ocasión con dúas actuacións extraordinarias das que se beneficiarán os equipos que xogan nas instalacións municipais,. A primeira, da que Arosa xa puido facer uso na súa estrea na liga 2 da RFEF a pasada fin de semana, foi o traslado e renovación dos banquillos e a segunda, que se acometerá nas vindeiras semanas, é a instalación dun marcador electrónico.
Os novos bancos para os equipos que disputan os partidos leváronse á zona máis baixa da grada, separándose da zona do público mediante unha estrutura acristalada tipo marquesiña. A superficie na que se atopaban os antigos bancos recheouse e nivelouse co campo, gañando así máis espazo a zona da banda. O investimento realizado nesta actuación ascendeu a 5.800 euros e os traballos foron realizados por Cristal Arosa.
Outra das melloras realizadas foi o pintado de toda o valo perimetral do campo e xa está adquirido o novo marcador electrónico que substituirá ao existente, que é de placas de manexo manual. O equipo custou 4.000 euros e a súa instalación realizarase nos próximos días.
A estas melloras sumase a máquina de corte helicoidal para as tarefas de mantemento da herba que a Fundación de Deportes adquiriu en xuño cun investimento de case 17.000 euros.
Alerta