22 septiembre, 2021
O Alcalde e o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes reuníronse este mércores co obxectivo de organizar esta mostra, que acollerá a cidade o vindeiro ano 2022.
Abel Caballero e Manuel Quintana Martelo abordaron no encontro a preparación dunha “gran exposición dedicada a Laxeiro, que foi un pintor excepcional e que debe ocupar o lugar que lle corresponde na arte de toda Europa”.
O rexedor apuntou que José Otero Abeledo “Laxeiro”, nado en Lalín pero afincado en Vigo, “revolucionou a arte da pintura en toda Galicia” e que cómpre amosar a súa obra nunha exposición de homenaxe.
Amais, Manuel Quintana Martelo trasladoulle ao Alcalde a súa consideración de que “o MARCO lidera a arte contemporánea de Galicia” nestes momentos, por enriba doutros espazos da comunidade.
Alerta