25 octubre, 2021
Nestas semanas realízanse reforzos no traballo habitual de mantemento diario nos camposantos, ben sexan de xardinería, limpeza, retirada de entullos, asfaltados…
O Concello de Pontevedrá está a realizar nestas semanas un plan de reforzo do mantemento diario dos cemiterios municipais co propósito de telos en boas condicións de uso e de recepción de visitantes de cara ao día de Todos os Santos, que se celebra o 1 de novembro. Estas medidas acompañaranse doutras como o reforzo de limpeza e recollida de lixo nos camposantos do concello ou o plan de tráfico no ámbito dos cemiterios de San Amaro e de Lérez, que se activará o mesmo 1 de novembro.
O departamento que xestiona a concelleira Carme Fouces, está a desenvolver traballos de xardinería, limpeza, roza en San Amaro, Bora, Campañó, Lourizán e Ponte Sampaio. As actuacións que se están a realizar son:
Poda das árbores e tala das que se atopen en mal estado.
Poda de sebes e plantas (camelias, rosas, etc..).
Corte da herba.
Roza da parcela de 5.000 m2 do Cemiterio de San Amaro.
Plantación de plantas de tempada.
Chorreo con auga a presión da zona pavimentada dos cemiterios.
Limpeza de elementos de mobiliario e outros.
Limpeza dos canles de recollida de auga.
Arranxo das fochas nas rúas de terra dos cemiterios.
Revisión das tapas de rexistro existentes nos cemiterios e reposición das necesarias. (Este traballo que se realiza ao longo de todo o ano cobra maior importancia o Día de Defuntos, pola grande afluencia de xente aos cemiterios, co fin de evitar tropezos, caídas, etc…).
Reposición da iluminación pública.
Outros traballos de mantemento xeral, que poidan ser detectados.
Tamén se realizou nesta semana o bacheado da rúa San Amaro, a que se achega ao cemiterio máis concurrido do Concello, para resolver pequeños problemas do pavimento.
Igual de importante é o reforzo do servizo de limpeza nos camposantos de Pontevedra, que nestas semanas incrementan o número de colectores para recoller os residuos que aumentan considerablemente debido á limpeza que realizan os particulares dos seus nichos ou panteóns.
Ademais, o servizo de recollida de lixo está a realizar unha recollida diaria nestes días previos ao 1 de novembro para que estes espazos dean servizo aos veciños e veciñas de Pontevedra que se achegan aos camposantos.
Alerta