9 noviembre, 2021
O Concello de Ribadumia informa que, entre os vindeiros 15 e 19 de novembro, persoal municipal desprazarase ao pavillón municipal de Sisán, en horario de 9:30 a 14:00, para prestarlles axuda aos veciños da parroquia que o soliciten na tramitación do cambio de numeración das súas vivendas, despois do traballo de renumeración municipal.
Este servizo desenvolveuse no pasado mes na parroquia de Ribadumia, en 2 quendas: do 4 ó 8 de outubro para os lugares do Freixo, Casaldarnos, Mamuela, A Bouza de Ribadumia e Cabanelas; e do 25 ó 29 para os lugares de Rabadeiro, Escusa e Puxafeita. Entre estas datas, pasaron polo auditorio municipal, lugar onde se prestou a atención, 197 veciños e veciñas da parroquia de Ribadumia que recibiron a axuda que precisaron para tramitar o cambio de numeración das súas vivendas tanto no que respecta ás institución públicas como ás privadas.
Con este servizo, co que, dende o Concello, se intenta facilitar e axilizar o máis comodamente posible a transición da vella numeración á nova, foron xa atendidos 471 veciños e veciñas das parroquias de Besomaño, Leiro, Lois e Ribadumia, quedando pendentes a día de hoxe Sisán e Barrantes, onde se desenvolverá a atención entre os meses de novembro e decembro.
Alerta