13 febrero, 2024
Ánxeles Vázquez destaca os 6 millóns investidos en equipamentos en Mos pola confortabilidade e os servizos e fixa o Centro Sociosanitario de Rebullón como próximo fito
A conselleira de Medio Ambiente e candidata do PP pola Coruña, Ánxeles Vázquez, visitou as obras do Plan Hurbe en Pereiras e Tameiga, no Concello de Mos, e destacou os máis de 6 millóns de euros investidos pola Xunta de Galicia neste municipio só en urbanizacións e equipamentos para incrementar a confortabilidade e os servizos públicos.
Ánxeles Vázquez indicou, ademais, que o Partido Popular segue a ser moi autoesixente para continuar a atender todas as necesidades dos veciños de Mos e anunciou que, se Alfonso Rueda e o PP revalidan o goberno da Xunta, o próximo gran proxecto para este municipio da Louriña será o novo complexo sociosanitario no antigo hospital do Rebullón, que contará cun centro de saúde, que está pendente da redacción do proxecto; un centro de coidados intermedios orzamentado en 5,4 millóns de euros; unha nova escola infantil na que se investirán 510.000 euros; e unha residencia de maiores.
A candidata coruñesa, que alertou do risco de que paralicen este nivel de investimentos e o proxecto do Rebullón se o PP non obtén a maioría absoluto polo desleixo das forzas de esquerdas con Mos, fixo un percorrido pola localidade xunto á alcaldesa, Nidia Arévalo; a candidata local, Feli Carrera; membros do PP de Mos e numerosos veciños.
En concreto, a tamén conselleira supervizou a finalizada humanización interior da urbanización de San Rafael de Pereiras, na que se investiron 1,22 millóns de euros, e unha actuación similar, actualmente en obras, na contorna da capela de San Eleuterio de Tameiga, orzamentada nun millón de euros e financiada tamén ao abeiro do Plan Hurbe do departamento de Medio Ambiente da Xunta.
Así mesmo, Ánxeles Vázquez enumerou otras importantes actuacións realizadas ou encamiñadas en Mos, como a redacción do proxecto para 20 vivendas sociais desde o pasado mes de xaneiro, a redacción do plan estruturante para o desenvolvemento do novo parque empresarial de Louredo, o realizado saneamento de Pereiras e o proxectado en Louredo, que se atopa en fase de redacción ou as importantes melloras acometidas na biblioteca municipal, o campo das Baloutas, a pista de skate, os colexios de Atín-Cela e Petelos e o IES de Mos.
Alerta