3 abril, 2024
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de reunirse co equipo de ciclismo do Porriño Máster da Louriña nunha xuntanza na que recibiu o maillot de campión de Europa de ciclismo adaptado que conseguiu Damián Ramos. Sánchez enxalzou a traxectoria deste ciclista que foi preseleccionado para competir nos Xogos Olímpicos de París e conta cun palmarés que abrangue dende o título de Campión de España e Europa ata o ouro na Copa do Mundo de Adelaida.
“Os vosos éxitos son nosos éxitos” remarcou a presidenta provincial quen tamén felicitou ao Máster da Louriña polas éxitos colleitados en tan só catro anos de vida, así como pola súa aposta polo deporte de base, adaptado e feminino. Nestes momentos, o club porriñés conta cun equipo de elite masculino sub 23 que compite na Copa de España, un equipo de elite feminino sub 23 que compite tamén na Copa de España, un equipo de base e outro de ciclismo adaptado, do que forma parte Damián Ramos e que é xa un dos equipos máis importantes de toda España. Trátase do único club de España con catro seccións e con ciclistas situados entre os dez primeiros do ranking en cada unha destas categorías.
Alerta