7 julio, 2024
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este domingo na Praza de España de Pontevedra na entrega de trofeos da Copa 5×5 de balonmán na rúa, que acolleu por primeira vez este ano a cidade coa participación de equipos mixtos das categorías alevín (rapaces e rapazas nadas entre 2012 e 2013) e benxamín (entre 2014 e 2015).
A copa, organizada pola Deputación, a Federación Galega de Balonmán e o Concello de Pontevedra, consistiu en 5 xornadas nas que se instalou un estadio móbil de minibalonmán onde se celebraron os partidos e diferentes actividades de promoción para fomentar, promover e difundir a actividade deportiva entre a rapazada e integrando, á súa vez, conceptos como a igualdade, a inclusión ou o aproveitamento cidadán do espazo público.
Alerta