12 julio, 2024
Dende o 27 de xullo e ata o 7 de setembro o público poderá desfrutar dunha programación variada coas festas máis esperadas e novidades
O Concello de Salvaterra de Miño presenta o Verán Cultural 2024, unha programación dirixida a todo o público dende máis maiores ata os máis pequenos e pequenas que contan coma sempre cun apartado especial.
O inicio da programación máis esperada do ano terá lugar o 27 de xullo co concerto de Carlos Núñez que volve un ano máis a Salvaterra de Miño dentro da súa xira “Lugares Máxicos”. As entradas están á venda no Museo da Ciencia do Viño e na web ataquilla.com Dentro do calendario para o verán non podían faltar festas tan importantes e destacadas como O Mundo a Danzar, O Son da Muralla ou Imos de Guateque; que continúan crecendo en público ano tras ano e que son un atractivo dentro e fora do noso Concello.
A Festa do Viño do Condado do Tea chega a súa sesaxésima quinta edición onde destacan as catas populares, o Túnel do Viño, a gastronomía e os concertos con nomes destacados como Luar na Lubre, De Vacas ou Roi Casal.
Nos próximos días chegará as casas toda a programación detallada do Verán Cultural de Salvaterra de Miño pero xa adiantamos aquí as datas:
– Sábado 27 xullo: Concerto “Carlos Núñez”
– Luns 29 xullo: Festa da Espuma e Animación musical
– Mércores 31 xullo: Festa Hinchables de auga
– Xoves 1 agosto: Baile Moderno
– Venres 2 de agosto: Festival Folclórico A.C. Pontenova
– Sábado 3 agosto: O Son da Muralla
– Luns 5 agosto: O Mundo a Danzar
– Mércores 7 agosto: Concerto da Orquestra Clásica de Vigo
– Xoves 8 agosto: Concerto de Corais de Salvaterra e Banda de Música de Salvaterra
Alerta