16 julio, 2024
A Concellería de Promoción Económica do Concello de Vilagarcía de Arousa presenta o Programa de Transformación Dixital do Pequeno Comercio o vindeiro mércores 17 de xullo ás 20:15 horas no local da rúa Duráns 7.
A iniciativa ten como obxectivo modernizar e mellorar a competitividade do sector a través da implantación e optimización de estratexias de dixitalización nos establecementos comerciais e postos de venda dos mercados e prazas de abastos do municipio. Para acadar esta meta, o plan ofrecerá servizos de asesoramento personalizado a cada establecemento, dadas as peculiaridades do sector en Vilagarcía, onde os negocios tradicionais conviven con franquías nacionais e internacionais nas que a dixitalización está moito máis implantada e desenvolvida.
O acto a celebrar mañá está aberto e dirixido aos titulares de todo tipo de establecementos de pequeno comercio do municipio e nel os asistentes poderán coñecer polo miúdo os servizos que contempla, duración e liñas de actuación. A xornada completarase cunha charla sobre a dixitalización do pequeno comercio da man de Miguel Ángel Souto, director comercial e de márketing de marcas premium.
As persoas interesadas en participar na xornada de presentación, poden dirixirse ao departamento de Promoción Económica do Concello chamando ao teléfono 986099200 ext, 218, 220, ou a través do correo electrónico (tle@vilagarcia.gal, jquintans@vilagarcia.gal; info@investinvilagarcia.com)
Alerta