19 julio, 2024
As obras destas novas vivendas na parcela M-IVA-7 de San Paio de Navia, que contan
cun prazo de execución de 15 meses, comezarán en canto se dispoña de licencia
municipal.
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas adxudicou á empresa Oreco Balgón S.A. o contrato para a construción de 18 vivendas de promoción pública na parcela M-IVA-7 de San Paio de Navia Vigo.
O contrato, adxudicado por 3.326.149 euros, xa foi asinado, polo que as obras de
construción das vivendas iniciaranse en canto dispoñan de licencia municipal, cun prazo
de execución de 15 meses.
En concreto, o inmoble a construír contará con 18 vivendas de promoción pública
destinadas a alugueiro, coa seguinte distribución: 3 de 4 dormitorios, e unha superficie de entre 98-107 m² ; 12 de 3 dormitorios, cunha superficie de 90 m² e outras 3 vivendas de 2 dormitorios, de 71 m² .
Cómpre lembrar que outras 145 vivendas de promoción pública a construír en San Paio de Navia atópanse nun estado avanzado de tramitación para a súa adxudicación.
Alerta