21 julio, 2024
Unha ducia de bailaríns da reputada academia DA de Vigo, campiona de España, ofrecerán un show interactivo nun escenario cunha pantalla xigante e 50.000 W de son
“Esta cita é unha oportunidade única para toda aquela persoa interesada na cultura urbana e, concretamente, na danza, xa que mestura a
exhibición coa formación do público”, explica o alcalde, Juan González, quen agradece a colaboración da Comisión de Festas
O Concello de Nigrán ofrece o venres 26 de xullo en Lourido a partir das 22:30 horas un gran evento gratuíto de hiphop que se encadra no
inicio das festas de Praia América. O bautizado como ‘DA Show’, a cargo da premiadísima academia DA (Vigo), será un gran espectáculo interactivo no que un acróbata e 11 bailaríns (entre eles Dani Suárez, actual campión de España) amosarán aos asistentes todos os estilos que compoñen o hiphop. Á espectacular técnica e ritmo dos artistas, de entre 18 e 24 anos de idade e que contan cun impresionante palmarés a nivel nacional, sumarase un escenario cunha pantalla xigante led de 24 m², 50.000 W de son, e dous speakers dirixindo o show.
“Esta cita é unha oportunidade única para toda aquela persoa interesada na cultura urbana e, concretamente, na danza, xa que mestura a exhibición coa formación do público. O hiphop é un xénero que triunfa entre a mocidade e, por este motivo, no Concello de Nigrán acollemos con entusiasmo a proposta realizada por DA Academy, neste sentido temos que agradecer todas as facilidades dadas pola Comisión de Festas de Praia América”, explica o alcalde, Juan González.
Deste modo, o ‘DA Show’ suma aos impactantes números de baile deseñados por Dani Suárez proxeccións en vídeo, xogos interactivos co
público, atrezzos como luces laser ou confeti. “O espectáculo está dirixido a amosar ao público que todo o mundo pode bailar porque é algo innato ao ser humano”, explica Dani Suárez, quen considera o evento como “parte da preparación para participar este ano no mundial que se celebra en Inglaterra”.
“O hiphop é máis que un baile, é unha filosofía de vida que implica dedicación e esforzo e que resulta moi saudable, por iso queremos rachar con
esa mala imaxe que sigue tendo entre a poboación máis adulta”, explica Manuel Suárez, presidente de DA Academy.
Alerta