10 noviembre, 2021
O recinto da Maroma ten unha elevada ocupación nas vindeiras semanas e ata mediados de xaneiro.
O levantamento da alerta sanitaria está a facilitar o regreso á normalidade prepandémica tamén no que á actividade económica se refire. Neste contexto e despois de máis de ano e medio sen contar con eventos, o recinto feiral de Fexdega recupera esta fin de semana a súa programación coa celebración de dúas actividades: un evento sobre electricidade e domótica destinado a profesionais do sector e a feira Motor Okasión, unhas das citas xa habituais nas instalacións da Maroma.
A primeira das citas que terá lugar será a xornada do tour nacional que a firma catalá Simon S.A. dedicada ás instalacións eléctricas e sistemas de control da luz a través da domótica, está a desenvolver entre numerosos cidades de España. A xornada, á que acudirán profesionais do sector previamente invitados pola firma, desenvolverase mañá, 11 de novembro, no recinto exterior onde se instalará o trailer no que a empresa monta a súa exposición e sistema de charlas técnicas e comerciais. Dende ás 8 da mañá e ata as 18.00 horas celebraranse reunións de traballo con pequenas empresas e establecementos comerciais de electricidade emprazados en Vilagarcía e na súa área de influenza.
E o venres arranca unha nova edición da feira de vehículo usado e de ocasión Motor Okasión, un evento organizado por emprendedores de Vilagarcía e que xa leva uns anos desenvolvéndose en Fexdega. Neste caso, a mostra prolongarase ata o domingo.
A desmontaxe e desaloxo da mostra de vehículos durará varios días da vindeira semana, tras o cal xa comezarán as labores de montaxe e organización dos seguintes eventos que acollerá Fexdega e que ocuparán o calendario das instalacións ata mediados de xaneiro.
Alerta