A AECC terá un Mercadiño solidario en Marín

Compartir
A concelleira Cristina Acuña acudiu aos postos nos que a Xunta Local da AECC montou esta iniciativa, na que se venderán pezas novas e de segunda man, donadas moitas delas por comerciantes de Marín.
O Mercadiño estará aberto de 10.00a a 13.00 horas.
A Xunta Local de Marín da Asociación Española Contra o Cancro estará os próximos meses nos locais 1308 e 1312 do Patio Norte da Praza de Abastos cun Mercadiño Solidario para recadar fondos para o colectivo social.
A concelleira Cristina Acuña achegouse ata a Praza para coñecer os produtos que se porán á venda e para animar á veciñanza a aportar o seu grao de area nesta causa.
O mercadiño estará aberto os martes, xoves e sábados, de 10.00 a 13.00 horas e haberá tanto produtos de segunda man como novos, que foron en moitos casos donados por comerciantes de Marín.
Desde a AECC de Marín piden á cidadanía colaboración nesta iniciativa solidaria. Non esquezamos que o cancro segue a ser unha lacra sanitaria que recolle cifras espeluznantes. O número de novos casos de cancro diagnosticados en España o pasado ano, segundo a SEOM (Sociedade Española de Oncoloxía Médica),
ascendeu a máis de 277.000.
As xuntas locais da AECC ofrecen servizos esenciais tanto para os pacientes como para os coidadores dos mesmos, apoiando psicoloxicamente e a nivel informativo a todos aqueles que pasan por un proceso oncolóxico.