A Asociación de Veciños de Cantodarea retoma as súas actividades

Compartir
Reunión Cantodarea. Fonte: Concello

A alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira Marián Sanmartín, reuníronse con representantes do ente veciñal e avanzaron temas que lle afectan á parroquia, como a próxima demolición do Antigo Mercado de Cantodarea.

 

 

A licitación para a demolición do antigo Mercado de Cantodarea comezará nos próximos días, de cara a poder iniciar os traballos no próximo mes de febreiro. Así llo trasladaron a alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, aos representas da Asociación de Veciños de Cantodarea.

Esta é unha das obras que se financiará co remanente de Tesourería, cunha inversión de 140.000 euros. Desta e doutras cuestións relacionadas coa parroquia de Cantodarea. No que respecta ao colectivo veciñal, fíxose un repaso polas obras que o Concello levou a cabo na instalación que utiliza a asociación.

A asociación xa iniciou as actividades que ofertan: patchwork, patchwork, labores, pintura ao óleo, manualidades e ximnasia de mantemento. Ademais, solicitaron un curso de redes ao Galp (Grupo de Acción Local Pesqueira), que esperan poder ter de cara ao próximo ano.