A mosense Mónica Álvarez Paz emprende con Jazba caffé & deli

Compartir

Mos está a ser un municipio excepcional e exemplar en materia de emprendemento pese a crise da COVID-19. Así o están a demostrar os numerosos emprendedores e emprendedoras mosenses que se decidiron a dar vida a un novo negocio en plena pandemia.

Tal e o caso da veciña da parroquia de Mos, Mónica Álvarez Paz, que esta mañá achegouse ata o Concello acompañada de Pablo para presentarlle á alcaldesa, Nidia Arévalo, o seu proxecto Jazba caffé & deli.

Jazba é unha empresa dedicada á distribución de produtos que xeran experiencias inesquecibles. Sempre na procura da calidade, contan cunha liña de café premium e unha liña de pastelería premiada a nivel internacional.

Traballan cunha ampla gama que, no caso do café, ten certificado de procedencia de comercio xusto e conta, ademais, con proposta bio.

CAFÉ e AMOR son os dous emblemas desta empresa que ademais de cafés monodose e cápsulas, conta con outros produtos como cafeteiras, accesorios, delicatesen, infusións bio e outros comestibles bio.

Todos son produtos de excelente calidade que, no caso da pastelería e repostería, está elaborada de xeito totalmente artesanal e con materias primas que contan con certificados da máis alta calidade.

De momento só aceptan pedidos on line na súa web jazbacafe.com ou telefónicos, aínda que teñen vistas a montar unha tenda con local físico. A súa previsión é a de comezar tamén a organizar eventos de degustación noutras tendas ou diferentes establecementos.