A Aula Cemit de Tomiño organiza cursos dirixidos á infancia e mocidade, para romper estereotipos nas novas tecnoloxías

Compartir

A Aula CEMIT de Tomiño impartirá os días 23 e 24 deste mes dous obradoiros de balde dirixidos á xente nova de entre 8 e 15 anos, baixo o lema “Steam, derrubando estereotipos”.

O obxectivo é promover a creación de referentes, visibilizar roles e motivar as vocacións tecnolóxicas temperás, para espertar o interese e reforzar a confianza nas propias capacidades a través de obradoiros formativos prácticos, onde aprender e experimentar coa tecnoloxía, fomentar o talento e espertar as vocacións tecnocientíficas, Trataranse temas como: a igualdade, o sentido crítico ante a tecnoloxía, o uso creativo da tecnoloxía, máis aló do mero uso e consumo; a colaboración e o traballo en equipo, etc.

Utilizaranse ferramentas como o Scratch, Makey Mackey e circuítos de papel, adaptando os contidos á idade dos participantes. Haberá 2 grupos: un de 8 a 11 anos (luns e martes de 10.00 a 11.30h), e outro de 12 a 15 anos, en horario de 12.00 a 13.30h.

Para inscribirse pódese mandar unha mensaxe a cemit.tomino@xunta.gal (enviando un teléfono de contacto), chamar ao 986623304 ou pasar pola aula situada no Campo da Feira do Seixo).