3 septiembre, 2021
A formación é de balde, e as persoas interesadas poden solicitar información en cemit.ponteareas@xuntal.gal ou no teléfono 634 238 962
A aula CeMIT comeza o mes de setembro de maneira intensa, con seis formacións gratuítas a disposición da veciñanza
O Concelleiro Innovación, Benito Márquez, anima á veciñanza a asistir a uns cursos que “poden ser moi útiles a nivel laboral e educativo”
Os luns en horario de 16.00 a 18.30 horas hai un curso de trámites coa E-administración, ese mesmo día hai outro de iniciación co Libre Office, que comeza ás 18.30 e remata ás 21.00 horas, tamén os mércores e os venres ata o 17 de setembro.
Os luns, mércores e venres do 20 ao 28, e o xoves 30 de setembro en horario de 18:30 a 21.00 h, o CeMIT ofrece un curso para aprender a elaborar publicacións con Scribus, un programa de código aberto, para autoedición que ofrece un rendemento notábel na creación de publicacións por computadora.
Ademais todos os venres de setembro de 16.00 a 18.00 horas, haberá unha formación para aprender a traballar coa nube de Google.
Os martes e xoves de todo o mes, acollerán dúas formacións: unha adicada ao emprego de redes sociais de 16.00 a 18.00 horas, e outra que axuda a desenvolver a creatividade con Krita de 18.30 a 21.00 horas.
Ademais a aula CeMIT estará aberta todos os mércores de 16.00 a 18.00 horas, e de luns a xoves de 18.00 a 18.30 h.
Alerta