A aula CeMIT Ponteareas ofrece seis cursos durante o mes de setembro

Compartir

A formación é de balde e as persoas interesadas poden solicitar información en cemit.ponteareas@xuntal.gal ou no teléfono 634 238 962.

A aula CeMIT comeza o mes de setembro de maneira intensa con seis formacións gratuítas a disposición da veciñanza. Os cursos son de balde e as persoas interesadas poden solicitar información no teléfono 634 238 962 ou no correo cemit.ponteareas@xunta.gal. O concelleiro Innovación, Benito Márquez, anima á veciñanza a asistir a uns cursos que “poden ser moi útiles a nivel laboral e educativo”.

Os luns en horario de 16.00 a 18.30 horas hai un curso de trámites coa E-administración, ese mesmo día hai outro de iniciación co Libre Office que comeza ás 18.30 e remata ás 21.00 horas, tamén os mércores e os venres ata o 17 de setembro.

Os luns, mércores e venres do 20 ao 28, e o xoves 30 de setembro en horario de 18:30 a 21.00 h o CeMIT ofrece un curso para aprender a elaborar publicacións con Scribus, un programa de código aberto para autoedición que ofrece un rendemento notábel na creación de publicacións por computadora. Ademais todos os venres de setembro de 16.00 a 18.00 horas haberá unha formación para aprender a traballar coa nube de Google.

Os martes e xoves de todo o mes acollerán dúas formacións: unha adicada ao emprego de redes sociais de 16.00 a 18.00 horas, e outra que axuda a desenvolver a creatividade con Krita de 18.30 a 21.00 horas. Ademais a aula CeMIT estará aberta todos os mércores de 16.00 a 18.00 horas, e de luns a xoves de 18.00 a 18.30 h.