27 mayo, 2024
Os mércores polas mañás a oficina municipal itinerante estará nunha das 7 parroquias do Concello para facilitar o acceso aos servizos municipais
O vindeiro 5 de xuño comezará o servicio directo e itinerante do Concello para as parroquias do Porriño a través dunha autocaravana, que estará cada mércores de 9:00 a 13:00 nunha das parroquias para acercar os servicios aos cidadáns e
proporcionar unha atención directa. “Trátase dun servicio pioneiro en España co que reafirmamos o noso compromiso coa cercanía e a atención directo á nosa veciñanza”, explica o alcalde, Alejandro Lorenzo.
O Concello comezará a recorrer as sete parroquias a través dunha oficina intinerante nunha autocaravana para “proporcionar unha cobertura completa ás diversas necesidades e demandas dos veciños e veciñas do Porriño, incluindo temas relacionados con servicios sociais, atención cidadá, urbanismo, limpeza, obras públicas e saneamento”, prosigue o rexidor. Este servicio único permitirá á veciñanza rexistrar entradas e saídas de documentos, realizar consultas e recibir asesoramento directamente nas súas parroquias, sin a necesidade de desplazarse a casa consistorial, no casco urbano.
“Con esta iniciativa tratamos de facilitar, sobre todos ás personas maiores, o acceso aos servicios municipais sen necesidade de desplazamentos”, salienta Alejandro Lorenzo.
O propio alcalde estará disponible para citas na autocaravana, xunto con funcionarios habilitados, como un xesto mais por mellorar a comunicación e a transparencia, e ofrecer un enfoque personal e accesible á xestión municipal.
Alerta