A AVC Casco Vello estrea a Gala da Reconquista da Vila de Vigo o sábado 18 de setembro

Compartir

Tras dúas cancelacións por mor do Covid-19 e sen poder festexar como se merece a concesión de Festa de Interese Turístico Nacional en 2019, a AVC Casco Vello adáptase unha vez mais para seguir achegando a celebración da Reconquista da Vila de Vigo dun xeito único e seguro.

A celebración da Gala da Reconquista da Vila de Vigo pretende ser unha mestura dos aspectos máis importantes da Festa da Reconquista da Vila de Vigo: a música e o baile tradicional e a historia contada a través dos seus protagonistas. Facendo como sempre participe ao público asistente e levando a nosa historia ao seguinte nivel, coa actuación do Orfeón Mariñeiro do Berbes, ACF Tarambainas, bailaríns de Maria Prego e Os Catro Quintos. Ademais compre destacar a interpretación do grupo de teatro Baluarte 1809 e do clube de esgrima histórica Falcata H.E.M.A.
Baixo a dirección de María Torres e conducida por Carlos Veleiro, a Gala preséntase dun xeito ameno e orixinal, cunha mestura de música e balie tradicional xunto cos diferentes actos teatrais, sobre un escenario emblemático da cultura galega e da súa historia, como é o do Teatro Afundación (García Barbón). Unha gala coa que poder conmemorar a festa da Reconquista da Vila de Vigo, dun xeito mais íntimo e inmersivo, e cumprindo estritamente os protocolos sanitarios.

As estradas, de prezos populares (entre 5 e 10 euros), están á venta desde este luns día 6 a partires das 9:00 da mañá en ATaquilla.com: á ligazón pódese acceder desde redes sociais en @areconquistadevigo, desde a páxina web www.areconquistadevigo.com ou directamente a través de:

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/varios/teatro-afundacion-vigo/12516–gala-da-reconquista.html