20 noviembre, 2024
― Os xogadores e o adestrador do equipo de baloncesto da capital galega achegáronse até a unidade móbil para doar sangue e animar á poboación a facelo
― A iniciativa enmarcase dentro da campaña “Doa sangue e marca unha tripla” co que se pretende facer fronte ao descenso de reservas de sangue que adoita acontecer durante o Nadal
A directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, Marisa López, visitou esta tarde a unidade móbil de doazón de sangue emprazada na Praza Roxa de Santiago de Compostela xunto con xogadores e o adestrador do Monbus Obradoiro.
Os xogadores e o adestrador do equipo de baloncesto da capital galega achegáronse até a unidade móbil para doar sangue e animar á poboación a
facelo.
Este acto enmarcase dentro da campaña “Doa sangue e marca unha tripla”, unha iniciativa coa que o equipo de baloncesto da capital de Galicia colabora con ADOS no obxectivo de animar a poboación a doar sangue para facer fronte ao descenso de reservas de sangue que adoita acontecer durante o Nadal.
Alerta