7 noviembre, 2021
No pasado pleno do 4 de novembro, no apartado de Rogos e Preguntas deuse resposta a un escrito presentado por IR no rexistro municipal no que se solicitaba información, sobre as informacións aparecidas en prensa e nas redes sociais sobre posibles irregularidades, no proxecto presentado para a reforma da zona exterior do parque infantil de Barrantes.
O Sr. Alcalde explicoulles ós membros da Corporación presentes, (os edís de PP, Psoe e Somos Ribadumia abandonaran previamente a sesión) que, efectivamente, o edil de Somos Ribadumia, partido integrante do Grupo Mixto, presentara un escrito no Concello no que amosaba certas dúbidas e, incluso, ousaba falar de “ilegalidades” no proxecto presentado, remitindo a unha normativa da Xunta.
En resposta á pregunta formulada no Pleno, o Sr. Alcalde deu lectura ó informe solicitado á unha empresa especializada en parques infantís, no que se concluía que as afirmacións feitas polo voceiro de Somos Ribadumia era sesgada e incompleta, seleccionando dun texto só aquelas frases ou palabras que se adecuaban á súa intención.
En efecto, no escrito presentado faise referencia ao artigo 3.2 do Decreto 245/2003, polo que se establecen as normas de seguridade nos parques infantís e cita “as superficies, previstas para o xogo deberán estar debidamente acoutadas dun xeito seguro”. Sen embargo, o Sr. Oubiña “esquece” mencionar a continuación da frase porque o que segue non lle interesa comentalo: o artigo continúa dicindo “e separadas do tráfico rodado, ben mediante un distanciamento mínimo de 30 metros ou ben a través da súa separación por medios naturais ou artificiais que protexan os menores do perigo derivado do seu acceso inmediato á calzada”. Por que non lle interesa esta continuación??? Porque a distancia existente do parque a zonas de tráfico rodado é de 45 e 60 metros, respectivamente, co que a bancada proposta cumpre perfectamente o estipulado na normativa da Xunta.
Respecto das normas UNE mencionadas, o que persegue esta normativa é que se poñan obstáculos que reduzan a velocidade do neno na súa fuxida cara a determinados perigos. No caso que nos ocupa o único perigo que presenta o parque é a proximidade co anfiteatro, que xa está debidamente delimitado polo propio valado que rodea o mesmo.
Con isto queda demostrado que co escrito presentado se manipulou a información real e só se informou, de forma incompleta e sesgada, daquilo que serve ós intereses políticos de Somos Ribadumia, cousa que, lamentablemente, xa vén sendo habitual por parte do seu voceiro.
Tamén se informou neste punto, en relación co mesmo tema, que hai meses se retirou un columpio tipo carrusel debido a que incumpría varios puntos da normativa en relación ós asentos, ás agarradoiras e ás distancias ó chan, do cal non se preocuparon no seu momento nin o Sr. Oubiña, que presumiu de facer importantes investimentos “sendo el concelleiro” en parques infantís, nin o Sr. González Lede, concelleiro de Parques e Xardíns na anterior lexislatura. Este columpio foi substituído por outro estilo cono, que cumpre todas as normativas vixentes e ten as pertinentes certificacións.
Alerta