11 noviembre, 2021
O alcalde anuncia a concesión dunha axuda de 56,503.34€ do IDAE do Goberno de España e da Deputación Provincial, para cambiar os radiadores eléctricos de 15 centros sociais e salas de velacións parroquiais por estufas de pellets
Cun investimento de 62.781,53€, a actuación está subvencionada nun 80% polo Instituto de Diversificación e Aforro Enerxético do Ministerio para a Transición Ecolóxica, cunha axuda de 50.225,16€ e nun 10% pola Deputación de Pontevedra que aporta a cantidade de 6.278,18€. O 10% restante, 6.278,19€, financiarase con fondos propios do Concello.
Enmarcada no Proxecto “Instalacións de Biomasa Sostibles I”, permitirá substituir os sistemas de xeración de enerxía térmica actuáis, é dicir, a calefacción eléctrica, por estufas de biomasa de pelets cunha potencia nominal total de 168 KW nas seguintes edificacións municipais:
Centro Cultural do Cebreiro (A Franqueira), Centro Cultural do Couto, Antiguo Colexio do Feirón (nas dúas prantas), Antiguo Colexio de Petán, Cafetería da Casa de Cultura da Cañiza, Centro Cultural do Pateiro, Centro Cultural de Luneda, Consultorio Médico de Valeixe, Biblioteca de Valeixe, Casa da Irmandade de Valeixe, Sala de Velacións de Valeixe, Sala de Velacións do Couto, Sala de Velacións de Luneda, Sala de Velacións de Petán e Sala de Velacións de Deva. 15 en total.
Esta axuda do Ministerio para a Transición Ecolóxica subvenciona todas aquelas actuacións singulares dos Concellos que teñan por obxectivo e favorezan o paso dunha economía baixa en carbono, no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.
A proposta da Alcaldía, a solicitude foi tramitada ante o IDAE pola Deputación Provincial de Pontevedra o pasado 21.10.2020 e forma parte do proxecto “instalacións para o uso térmico de biomasa” no que ademáis da Cañiza, tamén participan os Concellos de Cangas, Portas, Tomiño, Redondela e Vilaboa.
Con data 17.09.2021 o IDAE notificou á Deputación mediante Resolución do Director Xeral, a estimación favorable do proxecto e a concesión da axuda que foi aceptada pola Xunta de Goberno Provincial, en sesión ordinaria celebrada o pasado 01.10.2021, en nome dos 6 Concellos participantes.
O Concello da Cañiza asinará en breve un Convenio de Colaboración coa Deputación Provincial para a execución desta actuación que dirixirá, xestionará e tramitará directamente a administración provincial.
Alerta