A Cañiza celebra a II Edición do “Cocido Cañicense”

Compartir
Cocido Cañicense. Fonte: Concello

O Alcalde da Cañiza, Luis Piña, presentou hoxe esta II Edición acompañado do Presidente do Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades, da Deputada Provincial e Concelleira de Nigrán Raquel Giráldez e do Presidente da Cámara Municipal de Melgaço, Manuel Baptista.

A hostelería da Cañiza xa está preparada para servir durante este fin de semana un dos “mellores cocidos de Galicia”. “Un prato que sólo na Cañiza se converte en arte culinario, con ADN propio”.

 

Con estas palabras o Alcalde da Cañiza, Luis Piña, comezou a presentación desta II edición do Cocido Cañicense. Un evento gastronómico promovido, impulsado e organizado conxuntamente polo concello e polos hostaleiros locais.

O sábado 23 e o domingo 24 de outubro A Cañiza inaugura a temporada de cocidos. Un atractivo culinario que ven a engadirse aos outros moitos activos turísticos deste Municipio. E así o quixo destacar o Alcalde na presentación do evento no que ademáis adiantou que esta data está xa consensuada cos hostaleiros para futuras edicións.

Na presentación de hoxe Luis Piña lle agradeceu ao Presidente da Zona Franca de Vigo o apoio incondicional que un ano máis lle ofrece á gastronomía e á hostelería local e sobre todo o traballo, aposta e compromiso que ten adquirido coa Cañiza. O Alcalde tamén agradeceu o apoio da Deputación Provincial de Pontevedra coa localidade e así llo trasladou á Deputada Provincial Raquel Giráldez que hoxe tamén visitou A Cañiza. Ademáis o acto desta mañá contou con outro invitado de honor. Manuel Baptista, Presidente da Cámara Municipal de Melgaço con quen o Alcalde comparte un obxectivo común: estreitar e afianzar os vínculos de amizade, municipais e comerciais entre A Cañiza e Melgaço. “Unha unión da que sairemos todos fortalecidos”, comentou Luis Piña.

Na súa intervención o Alcalde da Cañiza ensalzou a calidade do Cocido Cañicense, coñecido prácticamente por todos os paladares do sur de Galicia e que ten unha identidade propia con “ADN Cañicense”. Agradeceu a implicación dos restaurantes e das adegas que están traballando xa para que esta II edición poida saldarse cun rotundo éxito de calidade e participación. Para rematar invitou a todos a visitar A Cañiza, non solo durante este fin de semana especial, senon durante todo o ano.

Ao rematar tomou a palabra David Regades quen deixou patente o seu afecto e cariño pola Cañiza. “Encantado de estar na presentación da I edición en febreiro de 2020, non podía deixar de estar nesta II e nas vindeiras edicións”, comentou o Presidente do Consorcio de Vigo que ademáis manifestou que nunca antes Zona Franca estivera na Cañiza como agora, co goberno de Luis Piña, amigo persoal. Manifestou tamén que Zona Franca está na presentación deste evento porque a gastronomía tamén é economía e polo tanto hai que promocionala e impulsala. Ratificou o seu compromiso coa Cañiza co desenvolvemento dun plan estratéxico para valorar as potencialidades da zona para atraer empresas.

Raquel Giráldez, Deputada Provincial e Concelleira de NIgrán, tamén quixo manifestar o compromiso da Deputación coa Cañiza. Felicitou ao Alcalde e ao seu equipo de Goberno polo traballo que están desenvolvendo en prol dos intereses da Cañiza e recordou que esta Terra é un referente gastronómico polos seus xamóns e por suposto polos Cocidos e desexou que esta iniciativa se consolide como outro evento gastronómico referente.

Rematou esta presentación o recién elexido Presidente da Cámara Municipal de Melgaço, Manuel Baptista, quen deixou constancia da “optima ligaçao de Melgaço coa Cañiza”, con quen desexa estreitar os vínculos e relacións comerciais e superar desafíos para que o futuro próximo de ambos territorios poida ser máis forte e mellor.

 

 

O COCIDO E A CAÑIZA VEÑEN DA MAN DENDE AS SÚAS ORIXES

A Cañiza é terra famosa pola calidade dos seus xamóns e polos seus excelentes cocidos. Dos mellores de Galicia. Por iso e co inicio do outono, restaurantes e concello poñen en marcha esta nova edición, coincidindo coa baixada das temperaturas que é como mellor se saborea este prato único que durante décadas congregou entorno ás mesas das nosas xentes a familias e amigos.

E o seu segredo está envolto nos suaves aires das nosas montañas que posúen un microclima especial para o curado dos produtos do porco. Un aire frío e seco que consegue optimizar o curado e outorgar ás carnes o mellor sabor.

 

 

A RECETA DO «COCIDO CAÑICENSE»

Son moitos os padais que xa coñecen o cocido cañicense, pero promovido polo Concello, os hostaleiros da Cañiza organizan esta segunda edición, esmerándose en cociñar este prato tradicional preparado con chourizo de cebola e de carne, fuciño, rabo, orella, cacheira, lacón, touciño e costela de porco completado con pito, carne de vacún, patacas, fabas, garavanzos, cenorias e verdura ou repolo. Todo iso acompañado con pan rústico e pan de millo ou “Bica” e regado polos viños brancos e tintos, a gusto do cliente, da denominación de orixen Rías Baixas, tamén da Cañiza, Abelan e Eido da Fonte.

Antes ou despois deste prato ofrecerase un caldo servido en tazón. E como en toda boa comida, non pode faltar a sobremesa. Arroz con leite ou leite frita e café.

Ademáis haberá un pequeño agasallo para cada comensal, ata esgotar existencias.