18 diciembre, 2023
Baixo o lema de «A CAÑIZA, COIDADA E SOSTIBLE», o Concello continúa coa súa campaña de sensibilización ambiental iniciada xa nos anos 2021 e 2022 e que segue neste 2023, centrada na compostaxe doméstica para promover a reciclaxe de residuos orgánicos no noso Concello.
O pasado venres 15 de decembro, desenvolveuse unha nova xornada de sensibilización e concienciación ambiental sobre boas prácticas en materia de compostaxe doméstica, nunha carpa informativa itinerante situada na entrada da Casa Consistorial.
Co obxectivo de mellorar o grao de concienciación ambiental dos veciños e reforzar e fomentar un cambio de hábitos e de comportamento en torno a reciclaxe de residuos, os monitores medioambientais da empresa ANCARIA SL captaron a atención dos nosos veciños a pé de rúa durante toda a mañá, entregando material divulgativo que nos axudará a todos e mellorar a reciclaxe mediante a compostaxe.
As seguintes xornadas terán lugar os días 22 e 27 de decembro, en horario de mañá e no mesmo emprazamento.
#acañizacoidadaesostible conta coa colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e está financiada pola Unión Europea, a través dos fondos -NextGenerationEU-
Ademáis o Alcalde Luis Piña anunciou que se algún veciñ@ desexa ampliar información sobre o procedemento de solicitude e adquisición dun composteiro doméstico, pode contactar co persoal da Biblioteca Municipal, na súa recepción ou chamando a partires das 10h da mañá ao número 986 66 30 69.
A campaña pretende impulsar un modelo de residuos baseado na compostaxe e no tratamento a quilómetro cero dos biorresiduos municipais. A súa razón de ser é que A Cañiza cumpra cos obxectivos fixados na normativa europea, estatal e autonómica en canto a porcentaxes de residuos orgánicos recolleitos e aproveitados.
Podedes ampliar máis información sobre a compostaxe doméstica nas guías e folletos publicados na web: caniza.org
Alerta