28 octubre, 2021
Hoxe impartindo 4 charlas de concienciación aos alumnos dos centros escolares.
O Alcalde Luis Piña presentou esta mañá nos catro centros educativos da Cañiza esta iniciativa, enmarcada dentro das axudas do Canon Ambiental da Xunta de Galicia.
Axudas que este ano o Concello destinou á adquisición de 200 novos contenedores de recollida de RSU, (Residuos Sólidos Urbanos), 42 contenedores de envaxes lixeiros, e 2 columnas metálicas de carga superior de papel-cartón. Ademáis inclúe 2 xornadas de sensibilización ambiental a pe de rúa, e 4 charlas informativas nos colexios.
Baixo o lema «A Cañiza Coidada e Sostible» o Concello da Cañiza continúa coa súa campaña de sensibilización ambiental iniciada o pasado 20 de outubro, aproveitando o día de feira, e na que que dúas monitoras captaron a pe de rúa aos veciños para informar sobre boas prácticas en materia de recollida selectiva de residuos.
Hoxe a xornada de concienciación continuou nos centros escolares da Cañiza. Desde as 9:00h da mañá ata as 13:45h, @s alumn@s do IES A Cañiza, do CEIP de Valeixe, do centro de ESO da Cañiza e do Centro de Primaria da Cañiza tiveron a oportunidade de recibir unha charla didáctica de 40 minutos de duración, onde Cristina Cabana, a monitora da empresa Ancaria SL, lles explicou qué son os residuos sólidos urbanos, cómo se debe reciclar, cáles son os distintos tipos de contenedores que temos ao noso dispor e finalmente o proceso de compostaxe.
Unha xornada de concienciación ambiental dirixida aos xoves de 1º de Formación Profesional, e de 4º da ESO, e aos nenos de 4º, 5º e 6º de primaria, do CEIP de Valeixe e 6º de primaria do CPI A Cañiza.
Máis de 130 alumnos que recibiron formación sobre as distintas formas de reciclar, qué refugallos deben depositarse en cada contenedor, sobre os erros que se cometen diariamente na selección dos residuos, trucos para saber cómo identificar un residuo, as ventaxas dos ecodiseños á hora de reciclar e para rematar os beneficios da compostaxe e cómo se deben utilizar estas formas naturais de reciclar.
Todo isto cun obxectivo final: reducir a emisión de residuos, reutilizándoos e cando ésto non é posible reciclar. Un ciclo máis coñecido como a «Regla das 3 R». Todo para aumentar a recuperación enerxética, abaratar o prezo da recollida dos residuos e os costes de producción das materias primas, e a utilización da auga. O que ademáis permitirá que non se aumenten os niveles de emisión de dióxido de carbono e gases contaminantes a biosfera e polo tanto TODOS POIDAMOS CONTRIBUIR a rebaixar a efecto invernadoiro e o quentamento global.
O Concello continuará esta campaña de sensibilización, organizando unha nova xornada informativa a pe de rúa o vindeiro 6 de novembro.
Alerta