3 diciembre, 2021
As sete da tarde se o tempo acompaña, servirase tamén unha “chocolatada cañicense” para celebrar o inicio das festas navideñas.
Na tarde noite de mañá sábado 4 de decembro, o Concello acenderá as luces deste Nadal 2021. Igual que estes dous anos pasados, o encargado de iluminar as nosas rúas, espazos públicos e lugares do municipio será Iluminaciones Ximénez, empresa adxudicataria do procedemento de contratación para este servizo que engalanará o noso Nadal durante dous anos máis. As luces estarán encendidas ata despois de Reis.
Despois do acendido do alumeado que terá lugar ás 7 da tarde e se o tempo o permite, o Concello servirá na Praza Maior unha «chocolatada cañicense», coa que se inaugurarán as festas navideñas.
Nos vindeiros días o Concello difundirá tamén o Programación de Nadal que este ano retoma parte das actuacións e actividades que se viñan desenvolvendo ata o pasado ano , marcado polas medidas derivadas da Pandemia da COVID-19. Con todo o Concello terá en conta en todo momento as medidas sanitarias e protocolos COVID.
Alerta