O Alcalde Luis Piña, acompañado da Concelleira do Grupo de Goberno Mª José González, e dun técnico da empresa Construeléctric Systems Galicia SL, visitaron estas obras de humanización consistentes no cambio das 8 luminarias dos arredores do Santuario, e a iluminación da edificación coa colocación de 10 proxectores de luz
Esta obra forma parte das melloras do proxecto de reforma integral do alumeado público de Valeixe
A colocación dos novos báculos da contorna do Santuario da Franqueira, conta coa autorización de Patrimonio, e a cor bronce das luminarias ten a aprobación do Bispado de Tui-Vigo por armonizar coa pedra da edificación.
Esta obra de humanización responde tamén á política do Goberno municipal de recuperar os nosos espazos patrimoniais, e arquitectónicos que forman parte dos atractivos do noso Concello.
O Alcalde Luis Piña informou esta mañá que xa están colocadas as novas luminarias que forman parte do proxecto de humanización desta contorna relixiosa, que acolle unha das advocacións marianas máis antigas de Galicia na imaxe da Virxe da Franqueira.
A obra consistiu na retirada e sustitución das luminarias antigas por 8 novos báculos troncocónicos de 6 metros de altura, modelo SAL D60, en aluminio color bronce e sistema de luz LED cor 4000 de 35W de potencia. As novas luminarias están situadas na beirarrúa lateral da Igrexa e na baixada aos servizos. Ademáis contan coa aprobación do Bispado de Tui, Vigo.
Tamén se conseguiu iluminar o propio Santuario coa colocación de dous proxectores de luz LED de 50W, para resaltar a fachada e o Pórtico no que se representa a Adoración dos reis Magos. Ademáis se instalou un proxector en cada un dos laterais, dous máis no campanario e outros dous iluminando a última cúpula do Santuario. Unha actuación que contribue a resaltar un dos legados arquitectónicos máis importantes do noso patrimonio.
Por último cambiouse o cableado dende o atrio da Igrexa hacia a baixada aos servizos, eliminando parte do entramado aéreo. Tamén se cambiou a ubicación do cuadro de mando, retirándoo da beirarrúa principal e emplazándoo nun recuncho resgardado dunha das rúas adyacentes.
Esta obra forma parte das melloras do proxecto de reforma integral do alumeado público de Valeixe que comezou en abril deste 2021, cun investimento que supera os 463.000,00€, financiada entre o IDAE, (instituto de Diversificación do Aforro Enerxético), do Goberno de España, e o Plan Concellos da Deputación de Pontevedra 2020, que permitiu sustituir o 100% do alumeado público antiguo e deficiente da parroquia de Valeixe, por unha moderna instalación eléctrica.