14 diciembre, 2021
O curso de peón forestal de 60h. previsto para xaneiro e outro curso de limpeza de 60h. que se impartirá en febreiro.
O periódo de inscrición estará aberto ata o 14 de xaneiro ou ata cubrir prazas en cada un dos cursos.
O Alcalde Luis Piña anunciou esta mañá que o Concello da Cañiza activa estas dúas accións formativas en colaboración con ADEC, ( empresa beneficiaria dunha subvención da Deputación de Pontevedra).
As formacións están destinadas a mellorar a empregabilidade das persoas con especiais dificultades para atopar emprego e conseguir a súa inserción laboral.
Estos cursos se realizarán en modalidade teleformación / a distancia con sesión práctica.
Persoas destinatarias: persoas preferiblemente do concello de A Cañiza en situación de desemprego inscritas no SPEG e que pertenzan a colectivos vulnerables: desempregadas de longa duración, menores de 30 inscritos no programa de Garantía Xuvenil, persoas con discapacidade, inmigrantes, perceptoras de subsidios, RAI, RISGA, IMV, outros colectivos vulnerables en situación de exclusión social.
Lugar de inscrición: oficinas xerais do Concello en horario de 9:00 a 14:00 h ou a través de sede electrónica.
A adxudicación de prazas realizarase por rigurosa orde de solicitude no rexistro de entrada municipal, unha vez comprobado que se cumplen os requisitos.
Publicación do listado provisional de persoas admitidas: 18 de xaneiro no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial e en Sede electrónica.
O 19 de xaneiro 2022 realizarase o chamamento telefónico das persoas admitidas para confirmar a súa participación na acción formativa.
Realizarase con cada aspirante como máximo tres intentos de chamamento ao longo da mañá en intervalos de como mínimo 15 minutos.
+ información: oficina de Orientación laboral. Casa Consistorial do Concello. Rúa Oriente, nº 11. Planta baixa.
Alerta