1 diciembre, 2025
A primeira sonda aberta no Parapeto do Castro permitiu identificar un sistema defensivo e recuperar diverso material cerámico, actualmente en análise, que podería corresponder á Idade do Ferro (Ferro I ou Ferro II, entre os anos 1200 e 550 a.c.). Ademais, o equipo está a traballar noutras dúas catas adicionais, unha delas cunha posible estrutura habitacional que aínda se atopa en fase inicial de estudo. Está previsto abrir dúas novas catas máis, acadando un total de tres ou catro puntos de escavación simultáneos.Entre o material recuperado destacan tamén varias pezas de cerámica que contribuirán a establecer unha cronoloxía precisa do poboado.
Na zona de A Croa do Castro, a parte máis elevada da citania, os traballos veñen de comezar e polo momento non se documentaron estruturas concluintes.
A arqueóloga explicou que o obxectivo principal desta fase é obter cronoloxías seguras, buscando niveis de uso e depósitos estratigráficamente pechados que permitan datacións fiábeis.
Durante a visita, a directora explicou ao Alcalde o procedemento de conservación que se aplicará esta semana:
A arqueóloga explicou que, de aparecer unha estrutura significativa —por exemplo, unha cabana—, podería consolidarse nun prazo curto con arqueólogos e restauradores especializados. Non obstante, toda consolidación require un plan técnico previo para determinar que, como e cando se intervirá.
Un proxecto histórico para A Cañiza
Tras a súa visita, o Alcalde destacou a importancia de que aos nosos veciños poida seguir de preto esta intervención:
“Queremos que a xente viva connosco este descubrimento. É un momento histórico para o noso concello.”
Recordou ademais que o comezo das prospeccións é posible grazas á expropiación dos terreos, culminada o 12 de xuño de 2024. O Concello incorporou ao patrimonio público 113.446 m² distribuídos en 43 parcelas, cun investimento de 158.365,92 € destinado á protección e recuperación deste espazo arqueolóxico.
A intervención arqueolóxica conta cun investimento inicial de 21.680,78 €, financiado ao 100% pola Deputación de Pontevedra a través do Plan +Provincia 2025 – Liña 2, e contempla:
A actuación conta con todas as autorizacións da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, que establece que os materiais deberán depositarse no Museo de Pontevedra nun prazo máximo de seis meses.
Alerta