26 noviembre, 2021
Funcionará de 11 a 13.30 horas. Para adquirilos hai que ser maior de idade e presentar o DNI. Pódense comprar un máximo de 2 lotes por persoa.
A venta online abriuse ás 00:00 horas de hoxe e en menos de 10 horas xa se tiñan vendidos 200 packs dos 3.750 emitidos nesta cuarta edición.
O punto para a venta física dos bonos-compra “Son da Casa!” correspondentes á campaña de Nadal 2021-22, regresa mañá á Praza de Galicia. A carpa da Concellería de Promoción Económica funcionará de 11 a 13.30 horas a disporá nesta primeira xornada de 250 packs de bonos para a venta directa. Os lotes custan 20 euros e permiten facer compras por importe de 30 grazas aos 10 euros que aporta o Concello. Os bonos venderanse a calquera persoa maior de idade, que deberá presentar o DNI, e coa limitación de un máximo de 2 lotes por persoa. Tamén se poden adquirir a través da web http://www.sondacasa.vilagarcia.gal
A oferta para realizar as compras cos bonos “Son da Casa!” e moi ampla, xa que participan na campaña 233 locais hostaleiros e comerciais de diferentes ramas, (dende tendas de alimentación, calzado, téxtil, complementos e perfumerías; ata ferraxerías, tendas de música, perruquerías, carpinterías e paxarerías; pasando por clínicas de fisioterapia ou tendas de informática, bares e restaurantes). Todos eles identificaranse co logo da campaña nos escaparates e tamén se pode consultar a lista completa na web do Son da Casa.
Nesta cuarta edición da campaña, o Concello puxo a venta hoxe 3.750 packs de bonos, dos cales en menos de 10 horas xa foron adquiridos 200 a través da web. A campaña remata o 31 de xaneiro, data ata a que se poderá comprar utilizando os bonos.
O Concello de Vilagarcía creou os bonos subvencionados “Son da Casa!” para incentivar o consumo no comercio e hostalería local e dinamizar a economía da cidade, tras os efectos negativos causados a consecuencia da pandemia. A campaña enmárcase no Plan de Promoción e Recuperación Económica “Vilagarcía 21”.
Alerta