6 octubre, 2021
O Alcalde Luis Piña, acompañado de profesionais da Asociación inauguraron esta mostra de pintura acrílica realizada pol@s usuari@s do servizo que se poderá visitar na Casa do Concello en horario de 08:00h a 15:00h ata o 30 de novembro.
A exposición “representa a metamorfose de Avelaíña a través de creacións cheas de sentimentos, medos, amor e sobre todo de logros para comezar a voar”.
Está estructurada en tres partes: “de eiruga a crisálida”, “O Voo da Avelaíña” e “ Outras Ás, Outras Cores”. Cada unha destas temáticas representan un momento e unha fase particular do estado emocional dunha persoa: o medo do primeiro contacto co lenzo en branco que da paso á posibilidade de crear, de expresar e sobre todo de divertirse confiando nas posibilidades de cada un. A segunda etapa representa o camiño realizado e a liberdade para crear coas técnicas adquiridas e a terceira e última fase “outras ás, outras cores”, ven sendo unha pequena mostra doutras obras elaboradas mediante técnicas diferentes como o pirograbado, lá e cravos.
Unha emotiva e expresiva mostra pictórica que segundo manifestou o Alcalde na inauguracion “nos axuda a empatizar todavía máis co impagable traballo desenvolvido pola asociación entre os nosos veciños”. Luis Piña mostrouse especialmente sensibilizado coa exposición e sobre todo co servizo prestado por Avelaíña. Destacou a calidade dos cadros e o esforzo, dedicación, superación e traballo que se percibe tras eles, tanto por parte dos usuarios como dos profesionais. O Alcalde aproveitou este momento para agradecer a implicación da asociación cos veciños da Cañiza, felicitalos pola labor desenvolvida e animalos a continuar traballando neste gran proxecto de Vida, de Saúde e de Benestar Emocional.
O ALCALDE LUIS PIÑA OFICIALIZOU O PASADO 11 DE XUÑO O 1º CONVENIO COA ASOCIACIÓN AVELAÍÑA SAÚDE MENTAL
A pesares de que a Avelaiña, Saúde Mental, xa levaba traballando na Cañiza dende o ano 2016, ata este 11 de xuño de 2021 non se asinou ningún convenio de colaboración coa Asociación, que ven desenvolvendo unha importantísima labor social, atendendo ás veciñas e veciños da Cañiza e aos seus familiares dentro do programa “Achego” e do “Servizo de información e asesoramento en saúde mental”.
Este convenio contempla a achega por parte do Concello dunha subvención para a asociación de 1.825,49 € /ano e a cesión gratuita dunha instalación municipal no 1º andar do Edificio Multiusos da rúa Progreso, 21 para a atención do servizo.
A sinatura deste Convenio garante tamén a continuidade do servizo na Cañiza.
Alerta