A Casa das Artes contará no Nadal cun Belén de 26 metros cadrados máis grande

Compartir

A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación do contrato para as campañas 2021-2022 e 2022-2023 cun orzamento de 135.520 euros.

Abel Caballero anunciou que o Belén de Casa das Artes será 26 metros cadrados máis grande que o dos anos anteriores. A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación do contrato para as campañas 2021-2022 cun orzamento de 135.520 euros.

Ademais, tamén haberá programación de actividades guiadas para grupos e organizaciones de carácter social e 10 elementos ornamentais que representan figuras locais. O rexedor explicou que “pode ser un lavadoiro, a basílica de Vigo, ou Bouzas, ou Coruxo ou tantas outras zonas”, explicou.

Tamén o alcalde lembrou que o Concello organiza un Belén fronte á Concatedral e amosou o apoio ao Belén de Teis.

Outono Lírico 2021

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o convenio coa Deputación de Pontevedra para o desenvolvemento do “Outono Lírico 2021” que organiza Amigos da Ópera.

O Concello aporta 50.000 euros e a Deputación 10.000 polo que o importe para a actividades é de 60.000 euros.