30 junio, 2025
Logo da celebración do Multisport, cuxo centro neurálxico estivo situado na contorna do CGTD e a ponte dos Tirantes, a zona da antiga Tafisa seguirá contando nos próximos días dunha actividade loxística bastante alta, froito da preparación técnico para o concerto de Jennifer López, así como do inicio do Big Sound (8 de xullo o primeiro, 11-12 de xullo o segundo).
O Concello de Pontevedra, en colaboración coa promotora de ambas as dúas citas, PlayPlan, pon en marcha desde este martes, 1 de xullo, que gardará bastante similitude coas restricións ao tráfico vividas durante o Multisport.
Na práctica, será cortado o tramo a vehículos na avenida de Bos Aires entre a a pasarela peonil para todos os vehículos, e será restrinxido o paso desde a ponte das Palabras para residentes e servizos. O vial permanecerá nesta situación até o 16 de xullo, ás 20.00 horas. As vías perpendiculares tamén estarán bloqueadas para acceder a este tramo concreto. Garaxes, residentes e servizos poderán acceder pola rúa Ernestina Otero, como se fixo estes días.
A principal novidade deste novo dispositivo será o corte dun carril da ponte dos Tirantes entre o 11 e o 12 de xullo, así como de Alexandre Bóveda, xa que a recollida de pulseiras realizarase no Recinto Feiral. Todas as persoas con entrada para o festival deberán acreditarse nesta zona.
Doutra banda, o aparcadoiro inferior do Recinto Feiral situado nesta rúa, tamén estará pechado do 7 ao 13 de xullo —o superior, o da explanada, estará dispoñíbel—.
En representación de PlayPlan, Jordi Lauren, lembrou que se chegou a un acordo con Renfe para contar cun servizo de trens que inclúe descontos para os asistentes ao festival, e así facilitar o desprazamento en transporte público até a Boa Vila. Tamén se está a xestionar un servizo de autobuses con dúas rutas: unha dende Vigo, e outra dende Ferrol, pasando por A Coruña e Santiago de Compostela. Ademais, na zona do pavillón de deportes habilitarase un espazo para que os coches que acheguen xente ao festival poidan parar para deixar os pasaxeiros e continuar co desprazamento.
A edil de Protección e Seguridade Cidadá, Eva Vilaverde, recomenda non achegarse co coche durante os eventos a estas zonas, co fin de evitar retencións e molestias innecesarias.
Alerta