A compañía Amorodio teatro agradecen o Concello de Mos o seu apoio a cultura

Compartir
Amorodio. Fonte: Concello de Mos

O grupo preparou a súa obra Reino da Extinción no Multiusos das Pozas.

A compañía Amorodio Teatro, agradeceu a Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a Concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, o seu apoio á cultura e particularmente a esta compañía.

Amorodio Teatro estivo nas últimas semanas preparando no Multiusos das Pozas obra Reino da Extinción, que se estrea no Auditorio do Concello de Vigo o día 1 de outubro. A compañía Galega elixiu Mos para os ensaios polas facilidades que lles deu este Concello, tras serlle solicitado, e dentro da súa línea de apoio a Cultura. Reino da Extinción percorrerá as principais localidades de Galicia este ano 2021 e no vindeiro 2022.

Durante a conversa coa Alcaldesa e coa Concelleira, os compoñentes da compañía explicaron as dificultades das novas empresas culturais para lanzar os seus proxectos neste momento, e explicaron que axuda do Concello de Mos foi significativa, destacando o interese de realizar colaboracións con este Concello.

 

Compañia Amorodio. Fonte: Concello

 

Tanto a Alcaldesa como responsable de Cultura mostraron todo o apoio para estes proxectos culturais postos en marcha por novos talentos. E de destacar que por mor das dificultades, a propia compañía decidiu por en marcha un plan de crowdfunding co que conseguir financiación externa: https://amorodioteatro.com/colabora-amorodio

Reino da Extinción, con dramaturxia e dirección de Laura Porto, é unha comedia aceda que conta a perspectiva de catro persoas de diferentes épocas da Historia Galega que, forzadas a convivir nun Alén moi distinto do que imaxinaban, poñen a proba idea do que significa ser galegos para os propios Galegos e Galegas, vivir en Galicia e falar a lingua. Que define a Galicia?. Será a comida excelente, a dúbida constante ou… Quizais a xente?. E que é ser Galega ou Galego?. Como é posible que un personaxe da prehistoria sexa tan Galego coma un do século das Luces?. Foi Galicia o mesmo en tódolos momentos da súa Historia?. Cando comezou e cando rematará Galicia?.