11 septiembre, 2024
Ante as queixas feitas públicas pola ANPA do CEIP Altamar, este goberno local insta á Xunta de Galicia a acometer as rehabilitacións e reformas estruturais necesarias no centro educativo.
O mal estado das instalacións responde a carencias estruturais, polo que a administración responsable é a Xunta de Galicia.
Dáse ademais a circunstancia de que o centro no que está situado o colexio é un edificio compartido coa residencia xuvenil Altamar, polo que é a administración autonómica a titular desta construción. Desde hai anos, este goberno vén reclamando á Xunta a rehabilitación dos centros educativos da cidade, con moitos anos de antigüidade, cuestión que non é competencia municipal.
Malia que a Xunta é titular do edificio, o Concello sempre tivo recoñecido ao CEIP Altamar como o resto de colexios de Vigo, pagando os recibos da luz, a limpeza, os contratos de mantemento de caldeiras, o subministro eléctrico, reparacións e facendo chegar os gastos de autoxestión, ao redor de 5.300 euros anuais, para que a directiva invista en cuestións que considere urxentes e prioritarias.
Respecto á denuncia de insalubridade feita por parte da ANPA, o Concello actuou ante a única solicitude recibida pola presenza de formigas cos labores de desinfección precisos. Cada mes de novembro o goberno municipal realiza desinfeccións en todos os colexios, atendendo tamén os casos particulares solicitados pola directiva de cada centro.
Olga Alonso, concelleira de Educación
GALERIA FOTOS DEL CEIP ALTAMAR:
Alerta