Tino Fernández. Fonte: Concello
17 noviembre, 2021
O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, participou esta mañá na Comisión de Avaliación das subvencións para as Escolas Deportivas Municipais (EDM), desenvolvidas durante o ano 2021, na que se deu o visto e prace a unhas axudas por valor total de case 45.000 euros.
Segundo explicou o edil do PSOE, “trátase dunha cantidade que poderá liberarse de xeito inmediato, xa que se poderán abonar sen necesidade de requirir antes as correspondentes xustificacións”. “O documentación, precisou, poderá solicitarse unha vez que os clubs e Anpa teñan os cartos nas súas contas”.
Tino Fernández lembrou que a contía global para subvencionar as EDM do período 2021/2022 “están dotadas dun crédito máximo de 205.000 euros, dos que un 15% se vai destinar ao pago correspondente a este ano e o restante 85% resérvase para o vindeiro ano”.
Alerta