21 agosto, 2021
A Concellería de Persoas Maiores do Concello de Vilagarcía lembra que o luns, 23 de agosto, ábrese o prazo para inscribirse nas dúas travesías en galeón organizadas exclusivamente para o colectivo de maiores de 65 anos. As viaxes terán lugar o día 1 de setembro, con saídas dende o peirao de pasaxeiros de Vilagarcía ás 16 e ás 18 horas. O número de prazas dispoñibles é de 18 (9 en cada quenda) e a participación é de balde previa inscrición, trámite que poderán realizar ata o 27 de agosto nas dependencias da Concellería en horario de 9 a 13 horas.
Os únicos requisitos para poder anotarse son ter cumpridos os 65 anos e estar empadroado en Vilagarcía. As inscricións serán individuais e, no caso de que se rexistre máis demanda que prazas ofertadas, estas adxudicaranse mediante sorteo público a celebrar o luns, 30 de agosto no Concello.
Estas travesías da Área de Persoas Maiores organízanse en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente e a través do convenio asinado coa asociación Rompetimóns para a realización do programa de roteiros turísticos de verán, unha actividade que ten boi boa acollida todos os anos, como o demostra que as prazas se esgoten case o mesmo día no que se abre a inscrición. As reservas para o programa convencional fixéronse a través de ataquilla.com, un sistema que para moitas persoas maiores supón unha traba por non ter acceso aos medios dixitais ou por non saber manexalos. Esta é a razón pola que a Área de Maiores que dirixe Tania García organiza estas dúas travesías exclusivas para maiores
organiza dúas viaxes en galeón exclusivas para vilagarciáns de máis de 65 anos
A Área de Persoas Maiores do Concello de Vilagarcía organiza dúas viaxes en galeón exclusivas para os vilagarciáns maiores de 65 anos. As travesías terán lugar o día 1 de setembro, con saídas dende o peirao de pasaxeiros de Vilagarcía ás 16 e ás 18 horas. O número de prazas dispoñibles é de 18 (9 en cada quenda) e a participación é de balde previa inscrición, trámite que poderán realizar entre o luns 23 e o venres 27 de agosto nas dependencias da Concellería en horario de 9 a 13 horas.
Os únicos requisitos para poder anotarse son ter cumpridos os 65 anos e estar empadroado en Vilagarcía. As inscricións serán individuais e no caso de que se rexistre máis demanda que prazas ofertadas, estas adxudicaranse mediante sorteo público a celebrar o luns, 30 de agosto no Concello.
Estas travesías da Área de Persoas Maiores organízanse en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente e a través do convenio asinado coa asociación Rompetimóns para a realización do programa de roteiros turísticos de verán, unha actividade que ten boi boa acollida todos os anos, como o demostra que as prazas se esgoten case o mesmo día no que se abre a inscrición. As reservas para o programa convencional fixéronse a través de ataquilla.com un sistema que para moitas persoas maiores supón unha traba por non ter acceso aos medios dixitais ou por non saber manexalos. Esta é a razón pola que a Área que Maiores que dirixe Tania García organiza estas dúas travesías exclusivas para maiores de 65 anos.
Alerta