26 noviembre, 2024
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde unha reunión de traballo coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González.
Trátase da primeira xuntanza oficial entre a conselleira M. Allegue e a rexedora pontevedresa.
Este encontro, que tivo lugar na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, celebrouse nun clima de cordialidade entre ambas administracións, que abordaron asuntos relativos ao acceso á vivenda.
Nesta reunión tamén trataron actuacións no eido das infraestruturas, de interese para o citado municipio, emprazándose a futuros encontros.
Alerta