27 de marzo de 2024
15 octubre, 2021
O Día Mundial do Cancro de Mama conmemórase o 19 de outubro, pero a iluminación simbólica prenderase xa hoxe.
O Concello de Vilagarcía volve a sumarse á conmemoración do Día Mundial do Cancro de Mama que se celebra cada 19 de outubro.
Con motivo desta data e para tratar de dar maior visibilidade a esta enfermidade e aos colectivos que traballan na loita da mesma e con persoas afectadas, o Concello iluminará da cor rosa que simboliza esta causa o obelisco e fontes da Praza da Independencia e de Galicia e o obelisco.
A iluminación simbólica comeza hoxe mesmo, e continuará ata o martes, día no que se conmemora esta data
Alerta