David Regades: “Aquí estou vendo a un Partido Socialista ocupado en afrontar os problemas reais de España, e en pilotar unha recuperación xusta, e iso mesmo debemos facer en Galicia”.
“Na provincia de Pontevedra miramos á cara á xente dende as Alcaldías e dende a Deputación”.
A delegación da provincia de Pontevedra que está a participar no 40º Congreso Federal do PSOE, encabezada polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, considera que o Partido Socialista está a enviar unha mensaxe de fortaleza á sociedade, dende a esquerda e dende o compromiso claro de seguir ocupándose con determinación por afrontar os problemas reais da xente.
O secretario xeral do PSdeG-PSOE na provincia, David Regades, subliña que este é o camiño correcto e recalca que o Partido Socialista na provincia, ao igual que en España está ocupado en “mirar á cara á xente dende o poder municipal que ostentamos nas 23 alcaldías da provincia e na Deputación”.
Regades insiste en que o socialismo goberna directamente ou en coalición a 600.000 das 900.000 persoas que residen na nosa provincia. “Volveremos gañar as próximas Eleccións Municipais en 2023 para seguir traballando en clave cidadá”, recalcou, “porque a nosa campaña electoral consiste en gobernar os catro anos do mandato dende a proximidade e a escoita permanente”.