11 enero, 2025
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este xoves unha xuntanza coa directiva da Asociación de Veciños Novo Vigo sobre a marcha das obras de ampliación dos polígonos de Navia para a construcción de nova Vivenda de Promoción Pública (VPP).
Na xuntanza celebrada na Delegación Territorial, a representante autonómica explicou á presidenta e o vicepresidente do colectivo, Ana Martínez e Santos Fernández, os últimos avances no barrio. Así, informoulles de que o pasado mes de decembro comezou a construción dun inmoble de 40 vivendas de promoción pública no Polígono 1 e apuntou que son un total de 755 vivendas de promoción pública as que a Xunta ten en marcha, en diferentes fases de tramitación e execución, en Navia.
Alerta