29 octubre, 2023
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, asistiu este sábado na gala de entrega dos XLVI Premios da Crítica de Galicia que se celebrou no Centro Social Afundación. Durante a súa intervención, a representante autonómica salientou o papel dos galardóns que “singularizan a excelencia creativa de Galicia” tras máis de catro décadas de historia.
Ana Ortiz lembrou que se trata dos premios culturais de Galicia máis lonxevos e recoñeceu o traballo dos membros da Fundación Premios da Crítica Galicia por seguir mantendo estes galardóns ao longo dos anos distinguindo a reputados profesionais do mundo da cultura.
Durante a gala, Bieito Ledo foi recoñecido como presidente fundador. Ademais, foron premiados Berta Davila (Creación Literaria), Carlos Callón (Premio de Investigación), Agrupación Astronómica Coruñesa IO (Premio Iniciativas Culturais e Científicas), Tanxugueiras (Premio Música), Teresa Táboas (Premio Artes Plásticas), Teatro Ensalle (Premio Artes Escénicas), Pepe Coira (Premio Cine e Artes Audiovisuais) e Estrelas no Camiño (Premio Cultura Gastronómica).
Os Premios da Crítica de Galicia veñen recoñecendo cada ano a excelencia e a relevancia dos labores individuais e colectivos.
Alerta